A Casa

Inicio | A Casa

Dámoslle a benvida a CASA DE LEMA, unha antiga casa de labranza do ano 1920, antigamente chamada “Casa do Cardedeiro”, convertida en boutique-suites destacaba pola súa adega e coñecida como lugar de xuntanza de veciños e comerciantes madeireiros.

Casa de Lema está situada en Morpeguite, unha aldea rural da vila mariñeira de Muxía, en pleno corazón da  “Costa da Morte”.

Está a 2 km do Camiño de Santiago a Muxía, o único aloxamento de turismo rural neste tramo do camiño cara a Muxía.

Recentemente rehabilitada con sensibilidade e elegancia, respetando a estrutura, historia e tradición, en perfecta harmonía co contorno e respeto polo medioambiente, convertida nun aloxamento rural con encanto, combinando a máxima calidade e confort, co fin de ofrecerlle aos nosos hóspedes unha experiencia única e inesquecible.

casa de lema boutique- suites

Poñemos á súa disposición 400 m de zonas comúns, entre as  que destacamos:

  • Salón típico galego de pedra con lareira.
  • Biblioteca, un espazo de lectura e relax cunha importante recopilación de obras literarias de importantes escritores galegos, xogos de mesa e xogos didácticos infantís.
  • Comedor-salón no xardín , no que servimos os nosos almorzos caseiros-gourmet .
  • espazo gastronomico Eco Lema gourmet
  • tenda gourmet galega.
  • Soportal- Chill-out, un soportal cuberto con lareira, construído en pedra de cantería e madeira de pino, con mobles de xardín elegantes e música de fondo.
  • Xardín con árbores autóctonas e con mobiliario de decoración vintage.
  • Zona de aparcadoiro privado.
  • Servizo de recollida de peregrinos no Camiño gratuíto.

casa de lema boutique

Morpeguite. 15124 - Muxía (A Coruña). Teléfono: 981 72 98 13 - 628 00 00 68. E-mail: info@casadelema.com.
Rexistro: H-CO-002064 - Nº Regasa: 9801.10067/C| Aviso legal